-
Borrador odenanza reguladora acceso restrinxido de vehículos as zonas peonís2018-02-07 14:28:50Info General
O Concello de Fisterra está a elaborar a ordenanza reguladora do acceso restrinxido de vehículos ás zonas peonís e publica o borrador da mesma para que toda a veciñanza participe dando as súas suxerencias. As vías polas cales se poden remitir son a través do correo electrónico info@concellofisterra.com ou presentando unha instancia por escrito nas oficinas municipais de 9:00 a 14:00h.
As suxerencias poderán ser presentadas durante todo o mes de febreiro.