• 2021-02-16 12:55:16
    Info General

    A Consellería de Sanidade, acordou a prórroga e a modificación das medidas de prevención específicas previstas na Orde do 26 de xaneiro de 2021, como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia. As medidas previstas terán efectos dende ás 00:00h. do día 17 de febreiro de 2021  e toda Galicia seguirá no Nivel Máximo de restricións:
    • Toque de queda: de 22:00 a 6:00h
    • Mobilidade: Só se permite desprazamentos dentro do propio concello agás causa xustificada para ir ao traballo, a un centro sanitario ou docente e coidado de maiores e menores.
    • Reunións: só entre conviventes, agás nas actividades xustificadas como as laborais ou coidado de persoas.
    Máis información en: 

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2021/20210215/2566/AnuncioC3B0-150221-1_gl.html

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2021/20210215/2566/AnuncioC3K1-150221-2_gl.html