• 2021-02-24 09:50:34
    Info General


    A Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia establece as bases reguladoras do  Programa I Hostalaría, de apoio ao sector da hostalaría (TR500C), e do Programa II Outras actividades pechadas (TR500D)

    Programa I.- Persoas autónomas, microempresas e PEMES do sector da hostalaría afectadas polo peche do establecemento en virtude dalgunha da normativa ditada pola Xunta de Galicia.

    Programa II.- Persoas autónomas, microempresas e PEMES que desenvolvan unha actividade económica que se vexa afectada polo peche conforme a normativa ditada polas autoridades sanitarias de Galicia e que non pertenzan ao sector da hostalaría do Programa I.

    Prazo de solicitudes: Dende o 24 de febreiro de 2021 ata o 23 de marzo de 2021, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), procedementos TR500C e TR500D.

    Orde da Consellería de Emprego e Igualdade:https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210223/AnuncioG0599-220221-1_gl.pdf

    Resumo dos programas: https://concellofisterra.gal/media/documentos/Programa_I_e_II.pdf