• 2021-05-08 15:32:51
    Info General

    No DOG nº 86-bis do venres, 7 de maio publicáronse as novas medidas de prevención da COVID-19, tendo en conta a finalización da prórroga do estado de alarma e que estarán en vigor dende ás 00:00h do 09/05/2021 ata ás 00:00 do 22/05/2021. Fisterra continúa no nivel Medio-Baixo. Resumo:
    •  Libre mobilidade, agás aos concellos de nivel máximo: Cambados, Cualedro, Laza, Padrón e Vilanova de Arousa.
    • Sen toque de queda
    •  Hostalaría ao 50% en interior e 75% en exterior. Prohibido o consumo na barra.
    • Peche de bares e cafeterías ás 23:00h.
    • Peche de restaurantes á 01:00h (Os horarios da hostalaría estarán en vigor dende ás 06:00h. do 08/05/2021)
    • Reunións: máx. 6 persoas exterior, 4 interior. Prohibidas as reunións de persoas non conviventes en espazos públicos, tanto pechados como abertos ou ao aire libre, e en espazos privados entre a 1:00 e as 6:00h.
    Máis información:
    -Orde do 7 de maio de 2021 da Consellería de Sanidade:
    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2021/20210507/2640/AnuncioC3K1-070521-6_gl.html

    -Decreto 77/2021, do 7 de maio da Xunta de Galicia:
    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2021/20210507/2640/AnuncioC3B0-070521-1_gl.html