-
Fisterra nivel Medio de restricións2021-05-14 12:53:59Info General
Hoxe, venres 14 de maio, o Concello de Fisterra pasou ao nivel Medio de restricións pola COVID-19. Resumo:
- Libre mobilidade, agás aos concellos de nivel máximo: Cambados, Laza e Padrón.
- Sen toque de queda
- Reunións: máx. 6 persoas exterior, 4 interior. Prohibidas as reunións de persoas non conviventes en espazos públicos, tanto pechados como abertos ou ao aire libre, e en espazos privados entre a 1:00 e ás 6:00h.
- Hostalaría ao 30% en interior e 50% en exterior. Prohibido o consumo na barra.
- Peche de bares e cafeterías ás 23:00h.
- Peche de restaurantes á 01:00h
- Lugares de culto: 50% da súa capacidade máxima permitida
- Velorios: 10 persoas por túmulo e 25 en espazos abertos
- Actos e reunións laborais, institucionais, académicos ou profesionais: 30% da capacidade autorizada do local
- Bibliotecas, arquivos, museos, salas de exposición, monumentos e outros equipamentos culturais: 30% da súa capacidade máxima permitida
- Competicións deportivas, teatros, cines, auditorios, congresos: 30% da súa capacidade máxima permitida.
https://coronavirus.sergas.es/Contidos/Nivel-Restricion-Media
Moito ánimo a tod@s e recordade:- Usade a máscara.
- Lavade e desinfectade as mans frecuentemente.
- Mantede a distancia social.
- Evitade aglomeracións.
- Ventilación de espazos interiores