• 2021-10-20 14:05:19
    Info General


    O Concello de Fisterra invita aos veciños/as do municipio a colaborar na elaboración do PLAN MUNICIPAL DE EMERXENCIA E XESTIÓN DO RISCO DE SECA.

    Este Plan comprenderá diferentes accións a realizar en caso de que se produzan situacións de escaseza de auga e a participación de todas as partes implicadas é importante para determinar as mellores solucións para cada escenario de seca.

    A participación xa se pode realizar de xeito telemático a través do seguinte enlace e estará dispoñible ata o día 29 de outubro: 

    https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdVrdZCOmT9HLuhwUW4yUftcNHXrdDizE8Xah00nt5MbYfBlQ/viewform?usp=sf_link

    Dende o Concello, animamos a poboación a participar a través do enlace compartido coa finalidade de poder realizar un Plan de Seca do xeito máis preciso posible.