• 2021-11-10 18:11:28
    Info General

    O Concello de Fisterra aproba as bases da convocatoria para a concesión polo procedemento de concorrencia competitiva de bolsas complementarias ao estudio para alumnos/as empadroados no Concello de Fisterra e matriculados en centro docentes durante o curso escolar 2021/2022.
    A finalidade última das axudas é apoiar ás unidades familiares que, por insuficiencia de recursos económicos, non poden afrontar os custos dos gastos derivados da adquisición de material informático (ordenador de sobremesa ou portátil, tablet, impresora) a utilizar durante o curso 2021/2022
    A contía das axudas será por un importe único de 250€ por alumno/a matriculado/a.

    Prazo presentación de solicitudes:  20 días naturais, contados a partir de mañán

    Máis información:

    https://concellofisterra.gal/portal_cidadan/noticia/gl/930/n