• 2021-11-19 12:39:17
    Info General

    O Concello de Fisterra adheriuse un ano máis a campaña En Negro Contra as Violencias no marco do Día Internacional Contra A Violencia de Xénero do próximo 25 de novembro.

    O Concello de Fisterra convida aos comercios, hostalaría, asociacións, centros educativos, casas, rúas e redes sociais a participar tinguíndose de negro. 

    A acción consiste en tinguir de negro o noso contorno a través dos escaparates, os manequís, a roupa de traballo,...En definitiva vestir de loito en sinal de dor durante a semana do 22 ó 26 de novembro.

    Os establecementos comerciais do municipio que queiran colaborar poden dirixirse ás oficinas de Servizos Sociais en horario de 9:00 a 14:00h onde se proporcionará información e material adecuado.

    Máis información: Departamento de Servizos Sociais-Educación Familiar do Concello de Fisterra ou no tel. 981 740 001