• 2023-11-29 11:45:17
    Servicios

    O Concello de Frades convoca o seu Campamento Municipal de Nadal / Conciliación, que terá lugar os días 22, 26, 27, 28 e 29 de decembro e o 2, 3, 4, e 5 de xaneiro no CPI de Pontecarreira e no pavillón municipal, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Haberá xogos, obradoiros, contacontos e moitas sorpresas.

    Os campamentos están dirixidos a nenos e nenas en idade escolar e maiores de 4 anos. O prezo será de 10€ para rapazada empadroada en Frades ou escolarizada no CPI Pontecarreira (15 € para non empadroadas). Segundo irmán ou irmá: 8€. Familias numerosas: desconto do 50%. Prazas limitadas, preferencia para rapazada empadroada en Frades ou escolarizada no CPI de Pontecarreira.

    Inscricións no Concello antes do 20 de decembro

    Adjuntos: