• 2019-08-20 13:00:02
    Cursos e Formación

    A Mancomunidade de Ordes, á que pertence o Concello de Frades, efectúa a segunda convocatoria do programa Galeuropa.
    Nesta iniciativa poden participar mozos e mozas maiores de idade. Terán ocasión de realizar prácticas en empresas doutros países europeos con todos os gastos cubertos.
    En concreto, hai catro prazas dispoñibles, tres en Portugal e unha en Malta.
    O prazo de inscrición comeza este 21 de agosto e remata o día 30.

    O programa de Mobilidade Transnacional Xuvenil Galeuropa 2019 está cofinanciado pola Consellería de Política Social, pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo dentro do Programa Operativo de Emprego Xuvenil.




    Adjuntos: