-
Obradoiro Saberes en Común2025-05-23 11:03:44Info Xeral
Saberes en Común é un obradoiro para compartir e aprender xuntas. Neste grupo pensaremos sobre o valor histórico fundamental que tiveron os traballos e os saberes que tradicionalmente desenvolvemos as mulleres. Esta é unha oportunidade para poñer en valor os saberes que nos transmitiron as nosas avoas, as nosas nais, as nosas veciñas, as mulleres das nosas vidas.
Xoves 29 de maio e 5 de Xuño. De 10 a 12 horas. Biblioteca municipal de Irixoa. Inscricións en Servizos Sociais municipais ou no teléfono 981 793 001.