-
Lumeiradas 20252025-06-12 11:16:18Info Xeral
Aberto o prazo en Irixoa para comunicar a celebración de lumeiradas para San Xoán e San Pedro.
PRAZO DE PRESENTACIÓN: ata o 20 de xuño para as de San Xoan e ata o 27 de xuño para as de San Pedro.
FORMA DE PRESENTACIÓN:
- Presencial no Rexistro Xeral do Concello de luns a venres en horario de 09:00 a 14:00
- Na Sede Electrónica do Concello de Irixoa achegando a declaración asinada que se pode descargar dende este aviso e incluíndoa dentro do trámite “Solicitude Xeral” (https://sede.irixoa.es/sxc/gl/procedimientosytramites/tramites/SolicitudGeneral_N).