-
Programa Benestar en Balnearios (Xunta)2025-06-17 12:39:21Servizos
Oferta de Balnearios 2025
A Xunta de Galicia pon en marcha o programa Benestar en Balnearios. destinada a persoas maiores de 60 anos de Galicia.
En que consiste?
Estadías de 10 días en réxime de pensión completa (aloxamento, almorzo, comida e cea) a escoller entre 15 balnearios de Galicia desde xullo ata decembro de 2025.
A quen vai dirixido?
O programa está dirixido a persoas maiores de 60 anos, ou pensionistas maiores de 55 anos, xunto a un acompañante.
No caso de ter un fillo/a con discapacidade igual ou superior ao 33% tamén podería acompañar.
Cal é o prazo de inscrición?
Do 17 de xuño ata o 16 de xullo de 2025.
Máis información: Servizos Sociais do Concello de Irixoa
https://politicasocial.xunta.gal/sites/w_polso/files/arquivos/programas/2025_folleto_balnearios_0.pdf