• 2025-07-01 12:20:21
    Servizos


    O Imserso acaba de abrir prazo de solicitude no programa de Turismo Social



    Solicitantes:

    a) Persoas residentes en España que reúnan calquera dos seguintes requisitos:


    · Ser pensionista de xubilación do Sistema Público español de Pensións.

    · Ser pensionista de viuvez con 55 ou máis anos de idade.

    · Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, en todos os casos con 60 anos cumpridos.

    · Ser titular ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social, con 65 ou máis anos cumpridos.


     A solicitude servirá para obter a acreditación da persoa participante que lle permitirá acceder ás prazas convocadas

    Non será necesario que as persoas acreditadas para viaxar en tempadas anteriores, cumprimenten nova solicitude, xa que recibirán un documento no que figuran os datos persoais e de preferencia de destino e que, só no caso de que queiran modificar algún deses datos, deberán devolver ao Imserso nun prazo que finaliza o 23 de xullo de 2025, ambos incluidos.

    Prazo de solicitude ; do 1 ao 23 de xullo de 2025


    Máis información:

    Servizos Sociais do Concello de Irixoa.

    Imserso; https://imserso.es/espacio-mayores/envejecimiento-activo/programa-turismo-imserso