• 2025-10-14 20:20:13
    Servizos


    ℹ️ O Concello informa sobre axudas para a adquisición de lentes e sistemas de axuda visual destinadas a menores.( Ministerio de Sanidad)

    Obxecto: implementar axudas directas para sufragar a adquisición de monturas (lentes), lentes graduadas, lentes de contacto e a solución líquida necesaria para o mantemento das lentes de contacto en poboación menor de ata 16 anos incluídos.

    Datos clave
    • Persoas beneficiarias: menores de ata 16 anos incluídos.
    • Contía máxima: 100 € (IVE incluído) por persoa beneficiaria.
    • Produtos subvencionables: monturas (lentes), lentes graduadas, lentes de contacto e solución líquida para o seu mantemento.
    • Período de adquisición: entre o 9 de outubro de 2025 e o 31 de decembro de 2026, ou ata esgotamento das dispoñibilidades orzamentarias se esta é anterior.
    • Pagamento:  a mes vencido a favor da entidade colaboradora

    Máis información: Servizos Sociais do Concello de Irixoa.