• 2025-11-25 13:37:31
    Cultura e lecer

    O Concello de Irixoa oferta dentro do Plan Corresponsables (Irixoa concilia), subvencionado polo Ministerio de Igualdade, a través da Consellería de Politica Social e Igualdade, un espazo de coidado de menores de 3 a 15 anos coa contratación de profesionais do sector dos coidados, no polideportivo e Biblioteca Municipal.

    Neste espazo de conciliación os/as menores realizarán actividades deportivas, lúdicas, educativas, sempre cun enfoque igualitario. 

    Haberá ademáis actuacións teatrais, musicais financiadas dentro da Rede Cultural que promociona a Deputación Provincial da Coruña, as que poderán asistir tamén as familias.

    O Campamento de nadal será desde o día 22 de decembro ao día 5 de xaneiro, de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas.

    De acordo coa ordenanza reguladora do prezo público pola prestación de actividades, deportivas, culturais e outas actividades de carácter puntual (publicada no BOP nº 182 de mércores 24 de setembro de 2025), o campamento tera un:
    Prezo: 20 €  nen@s empadroad@s/10 € a semana.
               60 €  nen@s non empadroad@s/30 € a semana.
    As familias con dificultades económicas, renda baixa,etc. poderán solicitar a  exención ou  distintas bonifcacións dependendo da súa situación. Terán que solicitalo e achegar a documenación que acredite a súa situación.

    Prazo de inscrición ata o día 12 de decembro.





    Adjuntos: