-
EXPERIENCIAS INTERXERACIONAIS DAS MULLERES NO RURAL2026-01-30 10:15:00Info Xeral
O vindeiro 12 de febreiro ás 16.30h, o Concello de Irixoa acollerá na Biblioteca Municipal un novo encontro: esta xornada centrarase en poñer en valor os coñecementos e as vivencias das mulleres da contorna, tecendo pontes entre xeracións. Será un espazo para compartir saberes, experiencias e fortalezas, celebrando a labor fundamental das mulleres na construción e sostén das comunidades rurais.
Non perdas a oportunidade de aprender sobre o papel da muller rural na realidade que afrontamos, no presente e futuro dos nosos territorios e a vida social que se sostén neles. A actividade está aberta á participación da veciñanza e de todas aquelas persoas que lles sexa de interese.
Colabora Concello de Irixoa, Arquitectos sen fronteiras e Cooperación Galega.