• 2026-02-09 13:21:12
    Info Xeral

    Dentro do programa de Envellecemento Activo, o  Concello de Irixoa porá en marcha o traslado en transporte público ata Betanzos para posibilitar a mobilidade da poboación e a realización de xestión ou trámites .  Primeiro e terceiro luns de mes. Saída ás 09.30 dende diante do concello e chegadas ás 13 horas. Inscrición previa no teléfono 981793001. Financiado pola Deputación da Coruña e xestionado polo Concello de Irixoa.