• 2026-05-27 10:30:23
    Servizos

    Para beneficiarse deste programa haberá que reunir os seguintes requisitos:

    1. Ter 60 anos ou máis, ou ter 55 ou máis e posuír a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.

    2. Estar empadroada e residir nalgún concello da Comunidade Autónoma de Galicia.

    3. Valerse por si mesma para as actividades da vida diaria e estar en condicións de participar no programa.

    4. Non padecer alteracións do comportamento que poidan afectar a normal convivencia nos establecementos, nin padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.

    5. Non ter contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais.
    Prazo presentación de solicitudes Un mes contado desde o día seguinte á publicación desta orde no DOG. Desde o 27 de maio ata o 26 de xuño de 2026.


    Máis información sobre este programa
    Servizos Sociais do Concello de Irixoa.