• 2026-06-05 13:23:43
    Info Xeral

    O Concello de Irixoa informa que, en relación as cartas que están chegando a algunhas persoas perceptoras do Bono Social eléctrico,  relacionadas co cobro do Bono Social Térmico 2025, existen cambios respecto aos anos anteriores comunicados polas empresas que xestionan o Bono e que pode influir no cobro do mesmo. Pódense dirixir ao Departamento de Servizos Sociais do Concello de Irixoa ou chamar ao teléfono 981 793 001 para pedir información ao respecto.