-
Simulacro no Parque eolico de Touriñán2026-06-15 13:32:09Info Xeral
ℹ️ O Concello informa:
A empresa Enel Green Power SpA, xestora do parque eólico de Touriñán, comunicou que o día 17 de xuño se realizará na zona un simulacro de incendio e rescate. A actividade desenvolverase de 10:00 a 15:00 h.
Durante o simulacro poderase observar presenza de persoal e vehículos de emerxencia e escoitar ruídos. Rogámos á poboación que respecte as indicacións do persoal autorizado e que non se achegue ás zonas acotadas.
Datos clave:
- Data: 17 de xuño
- Hora: de 10:00 a 15:00 h
- Lugar: parque eólico de Touriñán
- Actividade: simulacro de incendio e rescate
- Entidade responsable: Enel Green Power SpA
Para calquera dúbida ou información adicional, póñase en contacto co Concello.