-
Aquapark de Cerceda2026-07-28 12:08:05Cultura e lecerO Concello de Irixoa organiza unha excursión ao Aquapark de Cerceda o dia 17 de agosto de 2026.
Saída: 11:00 horas ao lado da Casa consistorial.
Chegada a Irixoa de volta: 21:00 horas aproximadamente.
Prezos:
20,00 € persoas empadroadas.
40,00 € persoas non empadroadas.
De acordo coa ordenanza fiscal reguladora de prezo público pola prestación de actividades deportivas, culturais e outras actividades de carácter puntual no Concello de Irixoa.
Bonificacións e exencions (haberá que solicitalo e achegar a documentación que o acredite)
Artigo 9: Exencións.
1. Casos de emerxencia social: aqueles certificados polos servizos sociais do municipio de Irixoa, a través dun informe social que acredite dificultades financieras para acceder ao servizo.
2. Unidades familiares con baixa renda: aquela cuxa renda per capita sexa igual ou inferior ao 25% do IPREM anual.
3. Unidades familiares con desemprego: aquelas en que todos os seus membros adultos atópense en situación de desemprego.
Artigo: 10 Bonificacións.
Terán dereito a unha bonificación do 50% sobre o prezo publico:
1. Familias numeroas de categoría especial.
2. Unidades familiares con renda baixa: aquelas cuxa renda per cápita sexa igual ou inferior ao 75% do IPREM anual.
Terán dereito a unha bonificación do 25% sobre prezo público:
1. Familias numerosas de categoría xeral.
2. Persoas con discapacidade. usuarios cunha discapacidade recoñecida superior ao 33%.
Artigo: 11:
As bonificacións establecidas na presente ordenanza non serán acumulables entre si.
Todos os públicos (menores de 12 anos acompañados/as dunha persoa adulta).
Gratuíto para os nenos e as nenas anotados/as no Campamento de veran.
(os nenos/as do campamento irán con monitores/as, poderán ir acompañados/as por unha persoa adulta pero non necesariamente)
Inscrición: ata o día de 7 agosto.
Nas oficinas xerais do Concello de Irixoa Máis información: tél. 981 793 001.