-
CONSUMO RESPONSABLE DA AUGA MUNICIPAL2026-08-14 13:10:00Noticias
Nos últimos días se está a rexistrar un consumo excesivo de auga da traída municipal.
Por este motivo, pregamos aos usuarios deste servizo que exerzan un consumo responsable e racional da auga, xa que o seu uso inadecuado ou excesivo pode prexudicar a todas as persoas veciñas do concello.
Tendo en conta que este verán está a ser especialmente cálido e seco, e ante a escaseza de auga existente, cómpre evitar, na medida do posible, os consumos non prioritarios especialmente:
O enchido de piscinas privadas.
O rego continuado de xardíns e zonas verdes.
O lavado de vehículos.
Solicitamos a colaboración de toda a veciñanza para contribuír ao aforro de auga e garantir o abastecemento municipal.
Grazas pola vosa colaboración e responsabilidade.