• 2018-06-26 13:03:00
    Cultura e lecer

    Informamos que está aberto o prazo para solicitar a participación dos nenos e nenas tanto no campamento de verán como en varias actividades de aventura.
    O campamento está destinada a nenos e nenas de 3 a 15 anos e desenvolverase no Polideportivo Municipal desde o 2 de xullo ao 31 de agosto en horario de 10:00 a 14:00 horas de luns a venres. O campamento terá un prezo de 20 € por quincena e haberá unha subvención dun 50% para os nenos e nenas empadroados.
    Tamén se fará un 10% de desconto ás familias monoparentais e a aquelas nas que un so membro estea traballando.
    As actividades de aventura comprenden: 1 día de Karts e Praia, 1 día de Aquapark, 1 día de Parque multiaventura e Praia, Escapismo e Paintball. O prazo para apuntarse é ata 5 días antes do comezo de cada unha das actividades programadas.
    Inscrición no Concello de luns a venres en horario de 9 a 14 horas.
    Máis información no propio Concello, en www.irixoa.es ou no teléfono 981 793 001





    Adjuntos: