• 2018-11-20 14:23:10
    Servizos

    A empresa SUPERVISIÓN Y CONTROL, concesionaria da Xunta, comunica que os horarios e días asignados para a inspección de maquinaria agrícola ordinaria serán os días 26, 27 e 28 de decembro de 2018 no campo da Feira de Chao da Viña.

    Horario:
    Mañá: de 09:00 a 13:00
    Tarde: de 15:15 a 18:00

    Cita previa:
    Por teléfono: 903 309 000
    Por internet: www.sycitv.com

    A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operación de inspección regulamentarias. É conveniente ir preparando a maquinaria para que estea adecuadamente lista nas datas de inspección.