• 2022-05-05 13:46:30
    Cultura e lecer


    Desde o Departamento de Servizos Sociais e o Departamento de Cultura do Concello de Irixoa queremos darvos a coñecer o programa que preparamos para festexar o día das Letras Galegas deste 2022.

    VENRES, 13 DE MAIO

    Terá lugar no Campo da Feira da Viña a partir das 19:00 h un acto pensado para toda a familia no que poderemos disfrutar da presenza da actriz LORENA PINHEIRO contando historias co monólogo “2 PASOS, 25 PESETAS” e coa música en directo de PACO NOGUEIRAS que nos presentará o seu novo álbum “EXTRA”

     XOVES, 19 DE MAIO
    Ás 11:30 h na Biblioteca Municipal Magín Blanco presenta o espectáculo musical GATUXO, pensado para nenos e nenas de ata 6 anos.

     ----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

     Contamos coa vosa presenza para poder pasar un tempo de lecer onde as risas e a diversión van estar garantizadas


    Adjuntos: