• 2022-05-18 12:54:33
    Cultura e lecer

    O concello de Irixoa organiza para o verán un Campamento dirixido a nenos e nenas de 3 a 14 anos, que se realizará no Polideportivo Municipal desde o día 27 de xuño ao 2 de setembro de 9:30 a 14:00 horas, de luns a venres.

    Haberá saídas, xogos, maxia, musica, obradoiros...

    Quendas:
     1ª quenda: 27 de xuño ao 15 de xullo.
     2ª quenda: 18 de xullo ao 9 de agosto.
     3ª quenda: do 11 de agosto ao 2 de setembro.
    Prezo: 34 € quenda
    Descontos:
    50% menores empadroados en Irixoa
    Por familia numerosa, monoparental, familias con un so membro traballando, familias cos dous proxenitores no paro...etc.

    Ata o día 10 de xuño está aberto o prazo para a preinscrición na 1ª quenda. Mais información 981 79 30 01. Terán preferencia os nenos e as nenas empadroados/as en Irixoa.



    Adjuntos: