• 2019-03-13 10:06:56
    Info General

    O Concello de Melide pon a disposición dos veciños e veciñas de Melide un autobús que sairá de diante da Capela de San Roque mañá xoves ás 17.30h para acudir á concentración que terá lugar na plaza Luis Seoane, diante de Nuevos Ministerios ás 19h na Coruña.

    A concentración pedirá máis medios para que non cese a búsqueda de Emilio Pintor Mella, veciño de Zas de Rei, desaparecido o pasado 21 de febreiro.

    As persoas interesadas en asistir poden anotarse no Concello de Melide ou no 981 50 50 03 ata as 14h de mañá xoves.







    Adjuntos: