-
RESERVAS ENTRADAS CONCERTO GUADI GALEGO EN MELIDE2020-09-22 09:19:52Cultura y ocio
A artista galega, Guadi Galego, ofecerá o vindeiro venres en Melide un concerto no auditorio Mingos de Pita ás 21.30h da noite con entrada totalmente gratuíta.
Debido á situación que estamos a vivir de pandemia sanitaria é necesario reservar entrada previa para poder levar un control de aforo.
Así, as persoas interesadas en acudir ao concerto de Guadi Galego este próximo venres en Melide terán que poñerse en contacto con teléfono 981 50 50 03 en horario de 9h a 14h ou solicitar a súa reserva de praza a través do correo electrónico reservasculturais@concellodemelide.gal.
As entradas serán de balde e reservaranse por rigurosa orde de inscrición. As entradas serán individuais, e dobres no caso de que as persoas sexan convivintes.
A recollida de entradas realizarase entre as 20h e as 21.15h o vindeiro venres no centro sociocultural Mingos de Pita, na casa da cultura de Melide.