-
CURSOS PARA A HOSTALERÍA E O COMERCIO LOCAL2020-10-06 12:29:25Info General
A Concellería de Promoción Económica do Concello de Melide poñerá en marcha dous cursos dirixidos á hostalería e o comercio local:
- Escaparatismo, tendencias, deseño e montaxe. O curso terá unha duración de 20 horas e o número máximo de alumnos por grupo será de 10 persoas.
- Iniciación na xestión das redes sociais do teu negocio. O curso terá unha duración de 20 horas, cun máximo de 10 alumnos.
As persoas que estean interesados/as en participar teñen que realizar preinscripción para saber o número de persoas interesadas para completar os grupos. Unha vez rematado este proceso anunciarase as datas e lugar de realización.
Para preinscribirse será necesario enviar un correo electrónico o enderezo promocioneconomica@concellodemelide.gal ata o vindeiro venres 9 de outubro.