• 2021-01-26 12:26:44
    Info General

    O Concello de Melide aprobou na Xunta de Goberno local celebrada na mañá de onte a concesión provisional das axudas PEL-REACTIVA, adicadas a impulsar a actividade económica e o emprego no noso Concello, así como para contribuir a paliar, na medida do posible, os danos derivados da Covid-19 nas microempresas e autónomos e autónomas do noso Concello. 

    As alegacións ou o desistimento das axudas deberanse realizar a través da sede electrónica,  entre o 27 de xaneiro e o 9 de febreiro, ambos inclusive.