• 2018-12-05 18:53:42
    Actualidade do Concello

    Este programa está dirixido á mellora da ocupabilidade e á inserción laboral das persoas traballadoras en situación de desemprego mediante a súa posta en marcha con intermediación laboral, no ámbito dos concellos de Abadin, Vilalba e Mondoñedo e durante un período de 12 meses, dirixido a 100 persoas dos 3 concellos e dos seguintes colectivos:

    - 5 persoas desempregadas con discapacidade
    - 6 persoas desempregadas en perigo de exclusión social (incluídas as perceptoras de Risga)
    - 4 persoas desempregadas mulleres coa condición de vítimas de violencia de xénero
    - 42 persoas desempregadas menores de 30 anos con baixa cualificación
    - 21 persoas desempregadas menores de 30 anos cualificadas
    - 12 persoas desempregadas maiores de 45 anos
    - 5 persoas desempregadas mulleres
    - 5 persoas desempregadas de longa duración

    Este programa que conta cunha subvención concedida de 215.872,00 €, ten que desenvolver de forma obrigatoria as seguintes accións: Información, orientación e asesoramento; formación transversal en novas tecnoloxías e/ou idiomas; técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego, tanto por conta propia como allea; habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista; fomento da capacidade emprendedora; prospección empresarial; emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes; formación para o emprego preténdese impartir ao longo do seu período de execución dous certificados de profesionalidade:

    - Atención a Persoas Dependentes en Institucións Sociais: 450 h.
    - Transporte sanitario: 560 h.

    Tamén son obrigatorias a realización de prácticas profesionais non laborais en empresas en consonanica, co contido teórico-práctico da formación impartida, así como obradoiros sobre mobilidade laboral que proporcionen información dos recursos disponibles de mobilidade transnacional no territorio da Unión Europea (rede Eures), así como outros que informen ás persoas usuarias das posibilidades de inserción laboral ao ampliar o ámbito xeográfico de busca de emprego fóra do concello de residencia.

    Este programa coa fin de facilitar a participación das súas/seus candidatas/os ofrecerá medidas de conciliación da vida laboral e familiar aos seus participantes.

    Este programa ten o obxectivo de inserción laboral do 35% de candidatos incluídos, isto é ten que insertar a 35 persoas, ben por conta propia (como autónomos que manteñan a súa alta na seguridade social durante un período mínimo de 6 meses) ou por conta allea (cun contrato mínimo de 3 meses).
    Aquelas persoas dos concellos de Abadín, Vilalba e Mondoñedo que estén interesadas en participar poden contactar co Axente de Emprego e Desenvolvemento Local do seu Concello:

    Abadin: 982 508 021 (Roberto)

    Vilalba: 982 510 305 (Gonzalo)

    Mondoñedo: 982 524 003 (José Manuel)





    Adjuntos: