-
CELEBRACIÓN DOS MAIOS 20192019-05-16 10:47:44Actualidade do Concello
Esta mañá de xoves, máis de 200 alumnos dos distintos centros de ensino de Mondoñedo, movidos pola iniciativa da Escola Municipal de Música do Concello de Mondoñedo de recuperar a tradición dos Maios, percorrerán as rúas da cidade cantando e tocando diversas cantigas musicadas porlo músico mindoniense Manuel ledo "O Pallarego", de quen toma nome a escola de música, e con textos de Cunqueiro e Jácome.
A comitiva dos Maios sairá do colexio Álvaro Cunqueiro ás 11:30 da mañá, fará parada na Praza da Catedral, na praza do Concello e diante do cementerio, onde se despedirá hasta o ano que ven.
Queremos agradecer o traballo desinteresado e a participación da Ampa da Escola Municipal de Música "O Pallarego" o CEIP Alvaro Cunqueiro, o IES San Rosendo, tamén os alumnos do Ciclo de Floristería da Granxa eo Centro Asistencial de San pablo e San Lázaro