-
Convocatoria de subvencións do Programa de fomento da conservación, da mellora da seguridade e utilización e accesibilidade en vivendas do Plan Estatal de Vivenda2021-03-24 20:16:12Actualidade do Concello
D.MANUEL ANGEL OTERO LEGIDE, ALCALDE EN FUNCIÓNS DO EXCMO. CONCELLO DE MONDOÑEDO
FAI SABER:
Que saíron publicadas no DOG Nº 54 do 22 de marzo a convocatoria das subvención do Programa de fomento da conservación, da mellora da seguridade e utilización e da accesibilidade en vivendas do Plan estatal de vivenda 2018 – 2021 amparadas polas bases reguladoras que foron publicadas no DOG nº 143 do 30 de xullo de 2019. Código de procedemento: VI422E.
BENEFICIARIOS: Persoas físicas, comunidades de persoas propietarias ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias, agrupación de persoas propietarias, que sexan propietarias ou inquilinas de vivendas ou edificios. / As vivendas deben estar habitadas, xustificando con certificado de empadroamento.
TIPO DE AXUDA:
Liña B: Fomento da Conservación, da mellora da seguridade de utilización, e da accesibilidade en vivenda (cubertas, fachadas, ascensores, domotica, adecuación interior da vivenda, etc.)
- Axuda: A contía máxima de subvención será do 40% do custo subvencionable podendo acadar ata o 75% se os ingreso da unidade de convivencia son inferiores a tres veces o Iprem.ara actuacións de conservación.
- Ámbito: parroquias de Oirán, Couboeira, Figueiras, Masma, Viloalle, Argomoso e Santa María Maior.
- Prazo: remata o 22 de abril de 2021
- Tramitación e asesoramento: OFICINA MUNICIPAL DE REHABILITACIÓN. Teléfonos: 982 52 1402 - 982 52 4003