-
BANDO: Axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021 para o ano 20212021-03-31 15:41:03Actualidade do Concello
D. MANUEL ANGEL OTERO LEGIDE, ALCALDE – PRESIDENTE DO CONCELLO DE MONDOÑEDO FAI SABER: O día 30 de marzo de 2021 saíron publicadas no DOG nº 60 a resolución do 5 de marzo de 2021 pola que se convocan as axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021 para o ano 2021.
Obxecto das axuda: a finalidade das axudas e facilitar o desfrute dunha vivenda en réxime de alugamento aos sectores de poboación con escasos medios económicos mediante a concesión directa de axudas a persoas inquilinas por medio de 2 liñas de axudas:
Liña A, axudas ao alugamento de vivenda habitual e permanente para persoas maiores de idade.
Liña B: axudas á mocidade para menores de 35 anos. (non ter cumpridos os 35 anos no momento da solicitude da axuda)
Persoas beneficiarias destas axudas:
- Ter nacionalidade española ou residir legalmente en España.
- Ser titulares en condición de persoa inquilina dun contrato de alugamento cunha duración mínima dun ano con mención expresa da súa referencia catastral cuxos efectos sexan anteriores o último día de prazo de presentación das solicitudes.
- Que a vivenda arrendada constitúa a súa residencia habitual e permanente. Deberán estar empadroados na vivenda.
- Que a renda mensual da vivenda non supere os importes establecidos no artigo 10 das bases reguladoras.
- Que os ingresos das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia sexan inferiores a 2 veces o Iprem. Este límite pode excederse ata 4 veces o Iprem cando se trate de familias numerosas ou persoas con discapacidade.
- Que os ingresos da unidade de convivencia non sexan inferiores a 0,7 veces o Iprem.
O prazo para solicitar as axudas remata o 30 de abril de 2021.
Para máis información e tramitación poden dirixirse Concello de Mondoñedo (Servizos Sociais e oficina de Rehabilitación) ou chamando ao telefono 982524003.