-
INFORMACIÓN sobre axudas para actuacións de mellora paisaxística e de embelecemento de bens e recursos que se atopen no Camiño de Santiago para o ano 2022. (TU501D)2022-02-24 14:45:46Actualidade do Concello
BANDO DA ALCALDÍA DON MANUEL ANGEL OTERO LEGIDE,
Alcalde-Presidente do Excmo. Concello de Mondoñedo,por medio do presente FAI SABER:
O día 23 de febreiro saíu publicada no DOG nº 37 a resolución do 10 de febreiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para actuacións de mellora paisaxística e de embelecemento de bens e recursos que se atopen no Camiño de Santiago para o ano 2022. (Código de procedemento TU501D).
BENEFICIARIOS: Persoas físicas, xurídicas, comunidades de persoas propietarios, agrupacións de comunidades de persoas propietarias constituídas, agrupacións de veciños, comunidades de montes veciñais en man común, comunidades de bens ou calquera outra institución ou asociación que teña título habilitante e deberán ter plena dispoñibilidade sobre o terreo ou inmoble que se pretenda realizar actuacións.
REQUISITOS As actuacións deberán realizarse sobre bens físicos situados no ámbito de protección dos camiños de Santiago e no campo visual do seu recorrido. No Trazado do Camiño. (Exclúese desta orde os núcleos urbanos consolidados). Serán obxecto de subvención as actuacións sobre elementos etnográficos e a súa contorna (fontes, lavadoiros, hórreos, pontes, pontellas, muíños, valados, peches... e calquera outro elemento de carácter tradicional. Actuacións de mellora dos revestimentos de fachada, cuberta con materiais propios da zona, demolición de elementos en desuso ou abandonados sen interese patrimonial ou paisaxístico como naves, silos ou casetas.
CONTÍA DA SUBVENCIÓN 75% do investimento subvencionable ata un máximo de 10.000 € de subvención .
PRAZO DE SOLICITUDES E XUSTIFICACIÓN DAS OBRAS O prazo para solicitar as axudas remata o 23 de marzo de 2022 e as solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. E empregaranse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos incluído a clave Chave 365 A data límite para xustificar a subvención será ata o 20 de outubro de 2022.
Para mais información contactar coa Oficina Municipal de Rehabilitación sita no Concello. Teléfonos: 982521402- 982524003. Email: oficinatecnica@concellomondonedo.es.
O Alcalde de Mondoñedo, Don Manuel Angel Otero Legide, na data da sinatura. (DOCUMENTO ASINADO DIXITALMENTE Á MARXE)