• 2022-04-09 14:16:45
    Actualidade do Concello

    BANDO.-
    DON MANUEL ÁNGEL OTERO LEGIDE; ALCALDE DO EXCMO. CONCELLO DE MONDOÑEDO FAI SABER: https://static.xx.fbcdn.net/images/emoji.php/v9/t51/1/16/1f449.png" width="16" height="16">"PROGRAMA BONO ENERXÍA PEME"

    A Xunta de Galicia ven de publicar as seguintes axudas e subvencións de cara ao ano 2022 “SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE MELLORA ENERXÉTICA NAS EMPRESASPROGRAMA BONO ENERXÍA PEME” (IN417Z)

    A quen vai dirixido: Poderán ser beneficiarios, sen prexuizo de reuniren os demáis requisitos establecidos nestas bases, as empresas legalmente constituidas e os empresarios autónomos que teñen domicilio social ou centro de traballo en Galicia e coa actividade incluída entre as seguintes seccións do CNAE 2009:

    - Sección G: Comercio porxunto e polo miúdo, división 45 a 47 incluídas.
    - Sección I: Hostalaría, divisións 55 a 56 incluídas.
    - Sección R: Actividades artísticas, recreativas e de entretemento, división 90 a 93 incluídas.
    - Sección S: Outros servizos, só as división 95 e 96.

    PROXECTOS SUBVENCIONABLES: Son proxectos subvencionables os investimentos en equipamentos consumidores de enerxía ou elementos que contribúan a unha xestión enerxética eficiente, incluidos nas seguintes tipoloxías de actuación:

    A. Bono envolvente
    B. Bono iluminación
    C. Bono instalacións eléctricas
    D. Bono equipamento
    E. Bono climatización

    CONTÍA DA AXUDA:
    1. A contía da subvención será do 80% do custo elexible da actuación.
    2. Con carácter xeral, establécese unha axuda máxima de 6.000 euros por solicitude.


    PRAZO: En prazo dende o 06/04/2022 a 14/07/2022


    O que se fai público para xeral coñecemento e efectos.

    Mondoñedo na data da sinatura O Alcalde








    Adjuntos: