-
🌳FESTA DA ÁRBORE (1569-2023) - DOMINGO, 12 DE MARZO2023-03-05 19:21:26Cultura
A AC Pasatempo organiza unha nova edición da Festa da Árbore que conmemora a primeira plantación de árbores na Alameda dos Remedios, sendo rexedor Luis de Luaces.
As actividades lúdicas comezarán na Área Recreativa de A Fervenza ao longo da mañá, para rematar o día cunha plantación na Praza Jaime Cabot e teatro familiar no auditorio municipal.