-
PELUQUERIA SOLIDARIA2018-09-19 09:17:24SERVIZOS SOCIAIS
Salón de peiteado solidario en Mos.
Cortes de pelo e peiteados mesturaranse este sábado 22 de setembro con música, danza e moda para axudar a ASODIFISI e a AECC de Mos.
Esta mañá presentouse no Concello o evento de ‘Peluquería Solidaria’ que por segundo ano consecutivo terá lugar o 22 de setembro no exterior do Pazo de Mos para recadar fondos en beneficio de ASODIFISI (Asociación de Discapacitados Físicos e Psíquicos de Mos) e de AECC Mos (Asociación Española contra o Cancro de Mos).
Na presentación estiveron presentes o promotor do acto, Ángel García de ‘Ángel Estilistas’, a presidenta de ASODIFISI, Asunción Monroy, a presidenta da AECC da xunta local de Mos, Magdalena Dominguez, xunto cos/as membros das directivas das duas asociacións, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira mosense de Política Social, Sara Cebreiro e representantes das diferentes casas comerciais así como a directiva da Asociación Palilleiras de Mos que colaboran con un gran desfile de cativos e maiores dentro da programación cultural do acto solidario.
O horario da actividade será das 16.00 horas ata a medianoite, tempo durante o que os asistentes poderán cortar o pelo ou peitearse polo simbólico prezo de 5 euros que serán doados a ASODIFISI e AECC Mos. Ademais ao longo da xornada haberá desfiles, concertos, baile, maquillaxe infantil, etc.
Haberá un total de 15 peiteadores/as convidados ao servizo dos asistentes, procedentes tanto de Mos coma doutras localidades veciñas como Vigo, Ponteareas e O Porriño. Os tíckets poderán ser adquiridos o propio día do evento na caseta de vendas das asociacións.
Nas propias palabras de Ángel García, “o que pretendemos é que a xente se involucre e o pase ben, se logo queren cortar o pelo ou peitearse perfecto. Ademais quen queira colaborar economicamente sen facerse ningún tratamento de salón de peitado tamén pode”.
Dende o Concello como organizadores xunto con Ángel Estilistas agradecen todas as colaboracións non só dos peiteadores e peiteadoras senón tamén das casas comerciais que axudan coa subministración de camisetas, carteis, cadeiras, produtos de salón de peiteado, etc… e por suposto a todos os grupos de música e danza sen os que sería imposible contar cunha programación tan variada ao longo de toda a tarde e a noite.
Os horarios das actividades serán os seguintes:
De 16:00 a 18:00 horas: maquillaxe infantil da man de Tartalín e Estela Rodríguez.
Ás 17.00 horas: Actuación do Mago Marco.
Ás 19.00 horas: Actuación dos alumnos da escola de música Maison.
Ás 19.30 horas: Presentación do libro “Un ramito de Violetas”, a cargo do autor mosense Rubén Pintos Martínez.
Ás 20.00 horas: Exhibición de Baile a cargo de “Secretos del Sur”, da casa de Andalucía de Vigo.
Ás 20.30 horas: Concerto de The Turre´s Band.
Ás 21.30 horas: Desfile das Palilleiras de Mos.
Ás 22.00 horas: Concerto de Algarabía.
Ás 23.00 horas: Exhibición de Baile a cargo de “Grow as Ohana”.
Ás 23.30 horas: Desfile de “Top Class”.
Ás 00.00 horas: Sesión DJ “Groove Amigos”.
Presentarán o acto AS MAIMIÑAS.