-
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER RURAL2019-10-11 16:42:17Cultura
Luns 14 de Outubro, no local social ás 19 horas.
A Asociación de Mulleres Rurais de Muras organiza a proxección do documental "Digna rabia", no que se repasa a vida de moitas mulleres galegas na posguerra civil española. A continuación, charla-coloquio a cargo da Secretaría da Muller do Sindicato Labrego Galego e o Colectivo Feminista da Terra Chá.