-
ISABEL RISCO - NABIZA GIRL2020-11-05 13:36:43Cultura
Este sábado 7 de novembro volve a coñecida actriz galega Isabel Risco ata o noso concello coa súa hilarante personaxe, Nabiza Girl, unha heroína rural coma non hai outra.
Estará ás 18: 00 na Casa do Médico onde poderán asistir a vela 20 persoas, seguindo as recomendacións de aforo do 50% para as actividades culturais ditaminadas pola Xunta.
Entrada libre e risas garantidas!
Ah! E se non podedes asistir, podes seguilo en directo en streaming a través do facebook do Concello ou da canle de youtube.
Porque a cultura é segura e non debe parar!