-
Roqueando con Ramona Orbita e Pakolas2021-12-29 12:00:00Actividades infantiles
Este Mércores 29 as 18:00h na "Casa do Médico", contaremos cunha actuación musical para toda a familia da man de Paco Cerdeira ,"Pakolas".
Pakolas combinará a música coa narración, a interpretación e caracterización de moitas personaxes; animará aos nenos e nenas e a todo o público a participar coas mans, cos ritmos do corpo e coa voz (retrousos, sons, etc), historias cantadas e contada.
O espectáculo está basado no seu librodisco “Ramona Órbita, a dona do tempo” . Ramona Órbita, unha muller labrega da Serra do Courel, que posúe unha horta cibernética con patacas automáticas, e ademáis ten unha máquina do tempo, o seu mellor invento. Con ela viaxa ao futuro e ao pasado na procura de tecnoloxía para crear un mundo mellor, mais ecolóxico e con enerxías limpas.