-
COMUNICADO OFICIAL CONCELLO DE MUXÍA2025-04-28 16:30:27Info General
COMUNICADO OFICIAL DO CONCELLO DE MUXÍA
A Xunta de Galicia rercorda que os teléfonos de emerxencia 112 e 061 están a traballar de xeito ininterrumpido
Informamos á veciñanza que, debido ao corte no subministro eléctrico, puxemos en funcionamento o sistema de bombeo de auga mediante un xerador.
Dado que descoñecemos o tempo que pode durar este apagón, recomendamos á poboación que faga un uso responsable e moderado da auga, co fin de evitar problemas de subministración no caso de que a incidencia se prolongue durante varias horas.
Así mesmo, pedimos que se eviten desprazamentos innecesarios mentres persista a situación de falta de iluminación pública.
Para garantir a seguridade cidadá, esta noite reforzarase a vixilancia cun servizo especial de patrulla por parte da Policía Local.
Agradecemos a colaboración e comprensión de todas e todos