-
CIRCULACIÓN TRÁFICO DURANTE CARREIRA PEDESTRE 2025.2025-07-11 17:36:40Info General
Con motivo da X edición da Carreira Pedestre Concello de Muxía, comunicamos que dende as 08:30 horas ata as 13:30 horas NON SE PODERÁ CIRCULAR CON VEHÍCULOS dende a zona portuaria ata o cruce do concello (tramo do Paseo Marítimo da Rúa Marina).
Ademáis veranse afectadas o resto das rúas da zona urbana, así como a estrada AC440 (Berdoias-Muxía) e a DP5201 (Muxía-Touriñán), polo que a circulación do tráfico estará regulada pola Policía Local e Protección Civil.
Para entrar na zona urbana, hai que facelo pola estrada AC440 (Berdoias-Muxía; e para sair está destinada a estrada DP5201 (zona campo de fútbol).
Anticipando as desculpas polas molestias ocasionadas, rogamos respeten as indicacións.
Achégase o Bando de Alcaldía e os percorridos das diferentes probas.
CONCELLO DE MUXÍA
Xefatura da Policía Local