• 2025-10-20 09:34:58
    Info General

    Comunicamos que o Equipo da Policía Nacional desprazarase a Muxía os días 19 e 20 de NOVEMBRO de 2025, para Expedir e Renovar o DNI e o PASAPORTE.
    Todas as persoas interesadas, deben solicitar Cita Previa chamando ao 981 74 20 01 ou anotándose nas Oficinas do Concello de Muxía.

    O día da Expedición e/ou Renovación, hai que traer 1 Fotografía e, no caso de expedición/renovación do Pasaporte a Menores de idade, deben vir acompañados da Nai e do Pai.

    CONCELLO DE MUXÍA