• 2026-05-08 09:14:35
    Info General

    Ante o aumento de Vehículos de Mobilidade Persoal (VMP - Patinetes Eléctricos), indícase que para poder circular polas vías públicas, deben cumprir os seguintes requisitos:

    - Certificado de Conformidade / Homologación / Circulación.
    - Estar Rexistrado / Inscrito na Dirección Xeral de Tráfico.
    - Portar a Etiqueta Identificativa.
    - Ter un Seguro Obrigatorio para VMP.

    Os/As Condutores/as están obrigados:

    * Cumprir as normas sobre Circulación do Tráfico.
    * Está Prohibido circular polas beirarrúas, zonas peonís e vías interurbanas.
    * Solo pode ir 1 persoa (conductor/a).
    * Usar casco.
    * Prohibido conducir con auriculares; utilizando manualmente o teléfono; presencia de drogas e/ou alcol.

    En canto aos VMP (patinetes Eléctricos):

    * Non poden ter sillín. Solo poden portalo os que teñan sistema de autoequilibrado (tipo Segway).
    * A Potencia máxima é igual ou inferior a 1.500 W.
    * A súa Velocidade máxima é de 25 km / h.
    * Os patinetes comprados antes do 22/01/2024 e que non teñan Certificado, poden seguir circulando legalmente ata o 22/01/2027, pero deben ter Seguro.

    Ante calquera dúbida, consultade a esta Policía Local.

    CONCELLO DE MUXÍA
    Xefatura da Policía Local