-
TEATRO EN MUXÍA "PEMENTEIRAS"2018-11-21 11:53:19Cultura y ocio
• Sábado 24 de novembro, ás 20.00 horas,no Salón de Actos do Voluntariado de Muxía poráse en escea a obra “ Pementerias “ de Xoré Teatro . Haberá venda de entradas (1 €) a partir das 19:30 horas.
Pementeiras é unha obra sobre o empoderamento feminino., escrita e dirixida por Ramón Torrente García e coas actrices Ana Dominguez Chouza e Rebeca Oliveira García.
Pementeiras narra a historia de dúas amigas que teñen un pensamento moi diferente da realidade social na que están inmersas. Sofía, unha muller nova, que ten grandes inquietudes e ganas de loitar polo seu recoñecemento persoal e profesional anímase a participar en calquera proxecto que mellore a súa situación actual. Por outro lado, Dosinda, unha muller tradicional arraigada aos valores do patriarcado non amosa ningún interese en mellorar a súa situación social e familiar, xa que para ela as cousas sempre foron así e non deberían cambiar.
Durante o desenvolvemento da obra, Sofía faille ver a Dosinda a situación na que se atopa e axúdalle a iniciar un proceso de reflexión persoal que lle deparará grandes cambios, tanto no ámbito familiar como laboral.
Este espectáculo pertence á programación que o Concello de Muxía fai a través da Rede Cultural da Deputación da Coruña.