• 2019-02-27 20:43:10
    Info General

    Dende hoxe queda reaberta a circulación do tráfico pola Rúa Manuel Lastres de maneira normalizada, así como polas Rúas Condes de Maceda e Eduardo Pondal.
    Dada as melloras na Seguridade Viaria e como continuación das obras de mellora do pavimento e na substitución das reixas de augas pluviais en varias rúas, a partires do vindeiro luns día 04 de marzo de 2019, quedarán pechados ao tráfico 2 tramos das Rúas Castelao e Saúde, afectando tamén as liñas de transporte escolar.
    Para acercarse ao Centro Médico habilitarase un percorrido que permanecerá sinalizado.
    Agradecemos a súa colaboración e comprensión.
    Concello de Muxía
    Corpo de Policía Local