• 2019-04-15 10:31:16
    Info General

    Mar de Fábula fai un chamamento aos veciños de Muxía e a todos os voluntarios dispostos a botar unha man ao mar a fin de liberalo dos centos de kilos de lixo plástico que, unha vez máis, os temporais do inverno gobernados polo sudoeste, o rei dos ventos, téñennos devolto en bandexa no deslumbrante coído de Touriñán.
    O mar non quere nada que non sexa seu.
    Día e hora da limpeza: O vindeiro sábado 20 de abril, ás 1100 horas.
    Tempo aprox. de limpeza : 2 horas.
    Lugar de encontro:
    Para os que coñezan o lugar, directamente no coído.
    Para os que veñen por 1ª vez : o punto de encontro será o Faro de Touriñán, ás 1100 horas (escasamente a 2 kms da baixada ao coído).
    Mar de Fábula levará todo o material necesario para a limpeza: bolsas, lubas e material de amarre.
    Como en todas as limpezas previas, contaremos co soporte loxístico do concello de Muxía.
    Ao remate do traballo e seguindo o agradable costume establecido, é a nosa intención celebrar un picnic todos xuntos, polo que recomendamos meter na mochila bebidas e provisións de boca.
    Seguiremos en contacto ao longo da semana.
    A todos os que queiran e poidan vir,
    unha aperta atlántica,
    Xosé Manuel Barros
    Mar de Fábula
    Tlfno.: 608609042