• 2019-07-04 10:32:08
    Cultura y ocio

    A partir de hoxe, e ata o día 24 de xullo, queda aberto o prazo de inscrición para participar no XIII Mercado das Rutas do Mar.

    As persoas que queiran poñer un posto, deberán anotarse no Concello,no Departamento de Cultura da planta baixa, comunicando en que consistirá dito posto.
    Rematado o prazo, farase unha reunión coas persoas anotadas, o venres,
    26 de xullo ás 13:00 horas, no Salón de Plenos .
    En Muxía, 4 de xullo de 2019

    O Alcalde